Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Lunes, 17 de mayo de 2004

Feliz día das letras Galegas

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, se o ano pasado homenaxeábamos a Antón Avilés Vinagre, no 2004 adicamos este día a figura de Xaquín Lorenzo Fernández.

Xaquín Lorenzo Fernández, más coñecido polo nome de "Xocas", nace en Ourense o 23 de Xuño de 1907 e toda á súa vida queda marcada pola repentina morte do seu pai e as súas feridas de guerra durante a contienda Civil en España que incidirán fortemente no seu carácter. Formou parte do Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós que dirixía Vicente Risco. Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que que desapareceu coa dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ó que accede cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do Pobo Galego.

    Prolífico etnógrafo e home de bo carácter, Xocas pertence á vella escola do galeguismo culturalista, demostrando un especial interese pola arqueoloxía, interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galegos. Percorreu toda Galicia recopilando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.

    En 1930 publicou –xunto con Florentino Cuevillas- o libro Vila de Calvos de Randín, e entre os seus traballos figuran tamén Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular; La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense; Nosa Señora do Viso; La casa gallega; Cerámicas castrexas pintadas; Las habitaciones de los castros; O pastoreo na serra de Leboeiro; La capilla visigótica de Amiadoso; Deidades marianas en el Ourense romano; Vellas artes de pesca no río Miño; A casa; Distribucións dos xugos na Galiza; Metamorfosis dunha casa castrexa; La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós; Cantigueiro popular da Limia Baixa; Sobre algunos saludos en gallego…
Este guardían da nosa cultura e notario da nosa historia finou en Ourense o 18 de xullo de1989.

Se queredes ampliar a información e leer algo da obra de este autor aquí tedes amplia información , ademáis da páxina Diadasletrasgalegas.com.

Comentarios v.1

Por: Catuxa |Clasificado en: Cultura | Comentarios (1) | Referencias (1) | Leído 1179 veces | Menéalo | Guarda este post en Del.icio.us o Furl

Etiquetado como: letras+galegas / literatura

Comentarios

que non decaia a nosa lingua!!!!

gutier | 04-04-2006 17:45:10

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Deakialli DocuMental | 2005-05-17 13:37:49
[...] festexamos. Este 2005 está adicado ó poeta Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid 1978), da súa obra temos excelentes recursos na rede, nos escollemos uns versos que ainda que xa pasaron anos dende que veron a luz, as súas verbas, [...]

Cajón desastre sobre biblioteconomía y documentación, TICs y gestión del conocimiento.

Deakialli en tu idioma

Galego | Catalán | Euskera

Inglés | Francés | Alemán

Busca en Deakialli

Enlaces

Sindicación

RDF XML ATOM

Añádenos a:

MyYahoo Bloglines Feedness

Bookmark Social

Guárdanos en tus favoritos online:

Del.icio.us / Furl

Suscríbete

Si quieres recibir las actualizaciones de Deakialli Documental en tu correo, escribe aquí tu dirección de email


por FeedBlitz

Y si lo que quieres es leernos offline descarga los últimos post en PDF

Top comentaristas

Créditos

Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Basado en plantilla de Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Silktide SiteScore for this website



ecoestadistica.com

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009